Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de agosto de 2024

Os traballos para a humanización parcial da rúa Agra do Orzán, xa adxudicados, permitirán gañar espazos peonís e a presenza de máis arboredo

O Goberno de Inés Rey avanza no plan de revitalización urbanística do barrio, onde tamén están en execución as obras para mellorar a accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona

O Concello da Coruña adxudicoulle á empresa Construcciones Cernadas as obras para humanizar a rúa Agra do Orzán no treito comprendido entre as rúas Meira, Entrepeñas e Pascual Veiga, unha medida coa que o Goberno de Inés Rey busca avanzar no seu plan de revitalización urbanística dos barrios da cidade, dando resposta a unha solicitude das e dos veciños da Agra que foi aprobada nos Orzamentos Participativos.

A intervención lévase a cabo co obxectivo de mellorar a calidade urbana da rúa potenciando o seu carácter comercial. O treito que se humanizará na rúa Agra do Orzán estará configurado como plataforma única. Gañaranse espazos peonís nas beirarrúas, mellorando a accesibilidade, e manteranse tamén os espazos destinados ao estacionamento de vehículos. Isto será posible polo ancho actual da calzada, suficiente para acometer a remodelación prevista.

No referente á circulación rodada, o carril central será de 3,5 metros de ancho. A ambas as marxes da calzada haberá unha liña de estacionamento, de 2 metros de ancho. No referente ás beirarrúas está previsto que pasen a ser, como mínimo, de 1,8 metros de ancho.

Máis árbores para reverdecer os percorridos peonís

A ampliación dos espazos peonís na rúa Agra do Orzán tamén facilitará a presenza de máis árbores ao longo da beirarrúa, en ambas as marxes, árbores que se sumarán aos exemplares xa existentes. A previsión do Concello é que as novas árbores se localicen, preferentemente, nas esquinas e cruzamentos, alí onde, polo ancho da beirarrúa, sexa factible plantalos, preto tamén dos puntos de disposición do novo mobiliario urbano.

Os traballos, unha vez comezados, terán un prazo de execución de catro meses. O Concello leva a cabo un investimento de 147.549 euros na intervención.

As melloras entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, xa en execución

Ademais da humanización parcial da rúa Agra do Orzán, cómpre lembrar que o Concello xa está a executar as obras para mellorar a accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, unha actuación cofinanciada con fondos Next Generation que permitirá modernizar os espazos públicos en varias rúas do barrio.

Os traballos levaranse a cabo na totalidade das rúas Fanny Garrido e Julia Minguillón, e tamén se reurbanizarán varios treitos de Manuel Deschamps, Almirante Mourelle e Páramo, "unha intervención moi necesaria para facer o barrio da Agra do Orzán máis accesible e con maior calidade urbana", indicou a rexedora. 

Gañaranse espazos peonís, tamén se remodelarán os pasos de peóns, renovaranse as redes de saneamento e as de iluminación pública, o mobiliario urbano e disporanse máis árbores ao longo do percorrido entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, alí onde a vexetación non estreite os itinerarios peonís.

A actuación vai na liña de outras levadas a cabo na cidade en materia de accesibilidade e ten un orzamento de case 600.000 euros. Os traballos teñen un prazo de execución de nove meses.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión