Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2024

Os xardíns de Méndez Núñez acollerán o evento Primavera no Camiño, con numerosas actividades para promover o Camiño Inglés

Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, presentou esta edición, que se realizará o 22 de xuño das 11.00 ás 20.00 horas

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá unha nova edición de Primavera no Camiño, un evento que chega por primeira vez á cidade e que está organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da que A Coruña forma parte. Este acontecemento contará con numerosas actividades este sábado 22 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez, en horario das 11.00 ás 20.00 horas. Castro estivo acompañado de Manuel Miras, presidente de honra da asociación.

Primavera no Camiño é un evento turístico e gastronómico que ten por obxectivo poñer en valor os recursos patrimoniais, paisaxísticos, artísticos, enogastronómicos e culturais do Camiño Inglés, do que forma parte a cidade da Coruña. "A nosa alcaldesa, Inés Rey, aposta por potenciar o Camiño Inglés na cidade, dándolle o valor turístico e cultural que ten e buscando aumentar o número de visitantes e persoas peregrinas", sinalou Gonzalo Castro.

Nesta edición levaranse a cabo diferentes actividades ao longo do día. Por unha banda, na vertente gastronómica do evento, haberá demostracións en directo con produtos de proximidade como a troita de Oroso, a tortilla de Betanzos, o pan de Neda e Carral, viños, queixos, produtos con Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe. Ademais, tamén se poñerá en valor o patrimonio cultural do Camiño a través de actuacións musicais, obradoiros de traballo e actividades de pintura.

Por outra banda, levaranse a cabo accións de difusión e coñecemento do Camiño Inglés entre as persoas asistentes. Esta iniciativa está enfocada principalmente ao aumento do sentimento de pertenza e a difusión do Camiño entre a cidadanía. O programa deste ano inclúe: catro demostracións culinarias, catro actuacións musicais, dous obradoiros infantís, dúas demostracións artísticas en directo, unha improvisación teatral/monólogo, e a presentación das persoas gañadoras do concurso de fotografía dixital.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés está integrada pola Coruña, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Carral, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión