Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xuño de 2024

Pablo Meixe volve á Coruña co seu espectáculo ‘Meixeverso’

Tras o grande éxito da súa función no Ágora, o cómico galego actuará o 14 de decembro no Teatro Colón. As entradas xa están á venda

Tras encher a comezos de ano o auditorio do centro sociocultural Ágora, o humorista galego Pablo Meixe regresa á cidade con 'Meixeverso', o seu ambicioso espectáculo. A súa actuación será o 14 de decembro no Teatro Colón e as entradas xa están á venda a través de Ataquilla.

'Meixeverso' é un paso adiante na carreira de Pablo Meixe. Un show humorístico que busca potenciar as múltiples facetas do galego e que conta cunha grande aposta polo audiovisual. O Goberno de Inés Rey prosegue mellorando a súa programación cultural, incorporando a grandes referentes das novas formas de humor, como é o caso de Meixe, con case un millón de seguidores en redes sociais.

A premisa da que parte o espectáculo é que o cómico caeu na conta de que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. E para iso valerase de audiovisual, música, cambios de vestiario e, sobre todo, moitas risas. Así, Pablo Meixe emprenderá unha viaxe chea de humor na que falará das súas vivencias e desventuras nunha travesía polos formatos, onde o público poderá conectar cun dos creadores de contido do momento.

'Meixeverso' é un show de humor, mais ás veces é unha gala de premios e outras unha sala de cinema. Para o deseño do cartel e a realización das pezas audiovisuais nas que se apoia o espectáculo, contouse co fotocreador e filmmaker Álvaro L. Barreiro.

Pablo Meixe comezou no mundo do teatro aos 14 anos. Aos 17 no clown e aos 19 cos monólogos, mais pola faceta pola que resulta maiormente coñecido é polos vídeos de humor que sobe en redes sociais e que lle valeron para alcanzar máis de 750.000 seguidores en Tiktok e máis de 200.000 seguidores en Instagram. Actualmente, Pablo continúa gravando vídeos e actuando en distintas salas e teatros de todo o país.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión