25 de maio de 2022
Contempla accións dirixidas ao ámbito das persoas maiores de 60 anos, de carácter preventivo, de promoción e participación social. Estas accións desenvólvense nos centros cívicos municipais a partir do mes de xuño e ata o mes de novembro
Este programa ten como obxectivos a prevención da deterioración física, cognitiva e de saúde asociado á idade, co obxecto de lograr un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestando unha especial atención ao contexto social e á comunidade e promovendo a comunicación, a participación e o intercambio social.
No programa de Envellecemento activo realízanse accións de:
No arquivo adxunto pódense comprobar as accións do programa, os centros nos que se van a levar a cabo, as datas e horarios de realización, a modalidade de inscrición, número de prazas...
INSCRICIÓN:
A adxudicación de prazas será por orde de inscrición. Pecharase a inscrición no momento que haxa 10 inscritos e unha listaxe de agarda de 10 persoas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible