Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de novembro de 2024

Reabren as áreas infantís do parque Carlos Casares e do barrio de Monelos, onde o Concello xa completou as melloras previstas nas superficies de xogo

A concelleira Noemí Díaz avanzou que o calendario de intervencións neste tipo de espazos continuará, previsiblemente, coas actuacións previstas no núcleo poboacional da Silva

O Concello certificou esta semana a reapertura das áreas infantís do parque Carlos Casares e tamén a do barrio de Monelos, dous enclaves onde xa se executou o plan de melloras previsto tanto nas superficies de caucho como nas diversas estruturas de xogo alí habilitadas

O parque Carlos Casares está situado entre o sector norte do barrio de Monte Alto e a contorna da Torre de Hércules, e, pola súa localización, máis exposto á fachada marítima, esixe tarefas de mantemento máis frecuentes tanto dos espazos de xogo como do mobiliario urbano alí habilitado.

Neste sentido, o Concello iniciou a finais de outubro as actuacións no parque infantil, cunha folla de ruta que incluíu a instalación de novos elementos de xogo. Concretamente, unha torre dobre con tobogáns, con capacidade para 20 persoas usuarias, en idade de 2 a 8 anos. Xa a posteriori levouse a cabo a substitución do firme de caucho, que foi renovado por completo. 

No caso da área infantil do barrio de Monelos, localizada a carón do centro cívico, o Concello puxo en marcha o pasado mes unha intervención para adaptar o firme do parque aos estándares de seguridade deste tipo de espazos. Se anteriormente a área de xogos contaba cun firme de céspede artificial, agora é de caucho, un material máis acorde ao tipo de usos do parque, tamén máis resistente á erosión e á exposición ás inclemencias meteorolóxicas.

A este respecto, o Concello ten previsto continuar co seu plan de intervencións nos parques infantís da cidade durante as vindeiras semanas. A concelleira Noemí Díaz avanzou que o calendario de actuacións continuará, previsiblemente, no núcleo poboacional da Silva. As melloras agora culminadas forman parte do plan posto en marcha polo Goberno de Inés Rey para actualizar os parques infantís da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión