26 de noviembre de 2023
Álvaro Presedo e Nerea Sánchez leváronse a última vitoria do ano
Este domingo celebrouse a XI Carreira Popular de Novo Mesoiro, a derradeira proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Un total de 967 corredores e corredoras participaron nesta última cita do ano nas diferentes categorías.
O circuíto Coruña Corre chega ao seu fin como un referente a nivel galego das carreiras populares e unha aposta decidida do Goberno de Inés Rey polo fomento de hábitos de vida saudables. Un dos obxectivos destas probas é a involucración dos distintos barrios nas actividades deportivas promovidas polo Concello.
Álvaro Presedo e Nerea Sánchez pecharon a lista de gañadores desta edición do Coruña Corre, chegando á meta cun tempo de 18:03 e 22:10, respectivamente. A carreira absoluta tivo unha distancia de 5.535 metros. O resto de categorías, un total de seis máis, contaron con percorridos reducidos adaptados para todas as idades. A carreira percorreu a maior parte do barrio, partindo do pavillón municipal de Novo Mesoiro, na rúa Ancares, e circulando na gran maioría do trazado por asfalto. Os resultados de todas as persoas participantes pódense consultar na páxina web de Coruña Corre.
Ao acto de entrega de premios asistiu o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, que destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey co deporte e o mantemento físico, ofrecendo á cidadanía diversas alternativas para facer deporte como o circuíto Coruña Corre.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible