26 de octubre de 2024
A actuación contou cun orzamento de 58.000 euros, financiados ao 90% con fondos Next Generation
O Concello da Coruña rematou os traballos de recuperación do estanque do Monte de San Pedro. Iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para a posta en valor do espazo natural e dos símbolos da cidade.
As actuacións consistiron na mellora do regato existente, creando dúas zonas de caída de auga seguindo a topografía do terreo. Ademais, plantouse vexetación de ribeira nas marxes e plantas na contorna do estanque, xunto con terra vexetal para crear unha zona de plantación con novos exemplares e formouse unha illa con vexetación acuática. Tamén se levou a cabo a eliminación de especies invasoras.
A fin de solucionar o problema da proliferación de algas e organismos, no marco das actuacións tamén se acometeu o aumento do vaso de formigón e a profundidade do estanque, readaptando as cotas dos aliviadores. A profundidade coa que contaba facía que a auga se sobrequentara con maior facilidade, o que axilizaba a proliferación algas e outros organismo.
A actuación contou cun orzamento de 57.734,44 euros, subvencionados ao 90% con fondos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de acordo coa liña de axudas para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral convocada pola Dirección Xeral de Turismo.
"O proxecto avanza na integración ambiental e urbana como atractivo turístico do Monte de San Pedro, na liña da consolidación como destino de garantía sostible pola certificación Biosphere, recollido este mesmo ano en Fitur", indicou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.
21 de noviembre de 2024
11 de noviembre de 2024
8 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible