19 de junio de 2024
A intervención contou cun investimento total de máis de medio millón de euros. Tamén se adaptou a calzada para a evacuación de augas pluviais cara á rede de sumidoiros lateral
Tamén se renovou o pavimento do carril bici da avenida desde o cruzamento coa rolda Camilo José Cela ata a avenida de Monelos, pasando a ser de cor vermella para diferenciar os percorridos específicos
O Concello da Coruña rematou as obras na avenida Salvador de Madariaga para renovavar o firme da calzada entre os barrios de Matogrande, Elviña e Catro Camiños. A falta duns pequenos detalles de pintado do cebreado e nivelado de tapas, o Goberno de Inés Rey conclúe unha actuación de mellora de arredor de 19.000 metros cadrados. Un treito cunha lonxitude de case 1,5 quilómetros entre a rotonda de Camilo José Cela con Matogrande, a avenida Salvador de Madariaga e a rúa Caballeros e que contou cun investimento de case 600.000 euros.
O plan de obra estruturouse en dúas fases e realizouse en horario nocturno, das 23.30 ás 06.00 horas co obxectivo de facilitar o tránsito do tráfico rodado nas súas horas de máis actividade. Na primeira fase acometéronse tarefas de fresado na rúa Caballeros, desde o seu cruzamento con Montevideo e na rotonda coa avenida de Monelos. Tamén en Salvador de Madariaga, exceptuando a rotonda de Matogrande. Xa na segunda quenda incidiuse no estendido da capa de rodadura en puntos da avenida Salvador de Madariaga ata chegar á glorieta que conecta con Matogrande e a rolda Camilo José Cela, onde tamén se actuou para mellorar o firme en ambos os sentidos, ata a altura do cruzamento coa rúa Luis Quintas Goyanes.
Ademais, en paralelo aos traballos na calzada, o Concello renovou o pavimento do carril bici, agora de cor vermella, co obxectivo de diferenciar os percorridos específicos na avenida Salvador de Madariaga, desde o cruzamento coa rolda Camilo José Cela ata a avenida de Monelos. O Goberno de Inés Rey avanza así no seu plan para mellorar os itinerarios de mobilidade branda da cidade, homexeneizando a estética dos percorridos nos barrios.
16 de junio de 2024
12 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible