9 de octubre de 2022
Crimson and Clover ou Xacarandaina serán outras das formacións musicais que participarán
O barrio de Monte Alto celebrará o sábado 15 de outubro as súas festas. Tras a celebración estes días das Festas do Rosario e do Ventorrillo, o Concello da Coruña continúa a apostar por espallar a programación cultural da cidade polos diferentes barrios.
A xornada de festas comezará co actuación do grupo Xacarandaina ás 12.00 horas no Campo de Marte. Ás 13.30 horas, na rúa Parque, haberá unha sesión vermú a cargo do Dúo Calu. Pola tarde, na praza Indalecio Prieto, haberá actividades para os máis pequenos, como espectáculos de maxia, inchables e xogos populares.
Pola noite haberá tres actuacións na rúa parque, detrás da igrexa de Santo Tomás, a partir das 21.00 horas. Serán Treixadura, Crimson and Clover e Dios ke te Crew. O Concello continúa coa súa aposta polas agrupacións musicais galegas e coruñesas nestas novas festas de barrio, seleccionando formacións de diferentes xéneros e públicos obxectivos.
Coas celebracións de Monte Alto, o Goberno de Inés Rey mantén o seu compromiso coas Festas nos barrios, que levaron actividades culturais e de ocio a diferentes puntos da cidade durante os últimos meses. Estes días a Cidade Vella e o Ventorrillo protagonizan festexos nos que se aposta pola variedade de actividades e de estilos musicais.
27 de julio de 2024
26 de julio de 2024
24 de julio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible