25 de xuño de 2019
O Concello da Coruña convoca prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 5 de xullo.
As solicitudes e a documentación necesaria presentaranse na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD), do 1 ao 5 de xullo, en horario de 9.00 a 13.30 horas.
Advírtese expresamente que a presentación de solicitudes a esta convocatoria anula a posibilidade de participar na convocatoria inicial do IMSERSO. A duplicidade de solicitudes no Concello e no programa do IMSERSO será detectada validando a solicitude municipal e eliminando as restantes.
Deste xeito, as persoas que se inscriban na convocatoria municipal non recibirán no mes de setembro a carta informativa do IMSERSO na que se explica como acceder á convocatoria estatal.
Requisitos da convocatoria
As persoas solicitantes poderán participar co seu cónxuxe ou coa parella de feito (recoñecida legalmente), á cal non se lle esixirá que cumpra os requisitos do apartado (b).
Ademais do cónxuxe ou parella de feito (recoñecida legalmente), poderán incluírse na solicitude os/as fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%), coa condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e que o fagan acompañados/as de seus pais/nais e compartindo con eles habitación.
Coa solicitude, é necesario presentar a seguinte documentación:
Fotocopia do DNI das persoas solicitantes.
Xustificante mensual actualizado ou certificado de pensión de todas as persoas solicitantes ou certificado negativo de pensións, se é o caso.
Autorización asinada, que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para a consulta de datos tributarios do ano 2018, ou ben, fotocopia da declaración da renda.
19 de outubro de 2024
15 de outubro de 2024
15 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible