1 de xuño de 2016
O Concello da Coruña convoca prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO.
O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ao 10 de xuño.
Os requisitos para participar nesta convocatoria son os seguintes:
- Persoas empadroadas e residentes no Concello da Coruña
- Atoparse, polo menos nunha, das seguintes situacións:
- Ter unha capacidade económica persoal anual inferior ou igual a 11.928,22 € (1,6 veces o IPREM do ano 2015).
- Ter a autonomía suficiente para realizar actividades básicas da vida diaria e non padecer enfermidade ou deterioración cognitiva que incidan na convivencia durante a viaxe.
Poderán incluírse na solicitude os fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%) das persoas solicitantes coa condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e que o fagan acompañados/as dos seus pais/nais compartindo con eles habitación.
As solicitudes e a documentación necesaria presentaranse na Oficina Municipal de Dependencia (OMAD), situada na rúa Doutor Enrique Hervada, núm. 4, baixo.
O prazo para presentar as solicitudes será do 2 ao 10 de xuño, en horario de 9.00 a 13.30 horas. Coa solicitude, debidamente asinada e cuberta, é necesario presentar a seguinte documentación:
É importante sinalar que as persoas que se preinscriban nesta convocatoria municipal non recibirán en setembro a carta informativa do IMSERSO.
No apartado "Detalles da noticia", pódese descargar o documento informativo do programa de Vacacións e Turismo Social para maiores.
Rúa Doctor Enrique Hervada 4, bajo. 15006 A Coruña
19 de outubro de 2024
15 de outubro de 2024
15 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible