Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de octubre de 2024

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo Souto

Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro

O Concello da Coruña organiza unha nova edición de 'A Coruña das Letras', un programa de andainas guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto para coñecer a historia dos barrios da cidade. Con esta iniciativa o Goberno de Inés Rey ten como obxectivo poñer en valor a identidade de barrio, dando a coñecer dun xeito divulgativo a idiosincrasia e cultura da Coruña.

Nesta edición realizaranse tres visitas guiadas. Comezan sábado 19 de outubro, cunha ruta por Monelos. Continuarán o vindeiro 26 de outubro por San Roque de Fóra e Labañou e o 9 de novembro pola agra e o cemiterio de Santo Amaro. Nesta última andaina Xurxo Souto contará coa colaboración da escritora Emma Pedreira. A actividade, dirixida a maiores de 16 anos, ten unha duración de aproximadamente hora e media.

En total, para cada unha das andainas, o Concello oferta 55 prazas que se poden solicitar a través do correo inscricionslingua@coruna.gal, indicando nome e apelidos e un teléfono de contacto. Pode enviarse a solicitude desde o luns anterior a cada unha das andainas ata completar capacidade. O lugar de saída para comezar a ruta comunicarase no correo de confirmación da inscrición. Toda a información pode consultarse na web www.coruna.gal/lingua. 

O Goberno local ten como obxectivo chegar aos diferentes puntos da cidade, achegándolle ao público a oportunidade de coñecer a toponimia tradicional da cidade e a literatura que habitou nos diferentes barrios. Durante a primavera organizáronse dúas visitas por Monte Alto, e as aldeas de Castro e Elviña e no outono de 2023 pola contorna da Torre de Hércules, Os Mallos e Os Castros.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión