20 de diciembre de 2022
Os asistentes cantarán ao ritmo dos grandes éxitos da época dos 80 nun espectáculo de máis de 5 horas de duración
As entradas estarán dispoñibles desde mañá 28 de decembro, ás 12.00 horas, en www.ataquilla.com, www.yofuiaegblagira.com e na praza de Ourense
O Coliseum lembrará os mellores momentos da música dos 80 co show "Yo fui a EGB. La gira!". O espectáculo ofrecerá un único show en Galicia o vindeiro 25 de marzo de 2023 na cidade da Coruña. Unha viaxe por pequenos e grandes recordos, cos que os asistentes cantarán ao ritmo dos grandes éxitos da época dos 80, nun espectáculo de mais de 5 horas de duración. As entradas sairán á venda mañá mércores, 28 de decembro, ás 12.00 horas en www.ataquilla.com, www.yofuiaegblagira.com e no despacho de billetes da praza de Ourense.
O espectáculo contará con actuacións de Nacha Pop, Alejo Stivell de Tequila, Orquesta Mondragón, Vicky Larraz cos grandes éxitos de Olé Olé, Modestia Aparte, Javier Andreu (La Frontera), La Guardia, Javier Ojeda (Danza invisible), os mellores tributos (Grease, Queen, Dirty Dancing, Michael Jackson), a actuación especial de Dj do Dream Team e a presentación de Corbacho.
O show, que tivo como xerme o grupo de Facebook creado polos bilbainos Javier Ikaz e Jorge Díaz, ao que seguiron libros, discos e festivais musicais, réndenlle tributo a unha xeración nostálxica e ata fetichista ao redor da EXB, unhas siglas que aluden á Educación Xeral Básica, a etapa do sistema escolar que agrupaba nenos e nenas desde 6 ata os 14 anos.
24 de mayo de 2025
23 de mayo de 2025
23 de mayo de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible