Concello da Coruña

Concello da Coruña

IDAE

Proxecto para a renovación das instalacións de iluminación e sinalización exterior no municipio da Coruña

O Proxecto para a renovación das instalacións de iluminación e sinalización exterior no municipio da Coruña, é un proxecto cofinanciado polos fondos FEDER para mellorar as infraestruturas da iluminación pública da cidade.

A instalación de iluminación pública da Coruña, obxecto das actuacións, conta cun total de 24.720 lámpadas, estas foron obxecto dunha modernización que tivo como resultado a substitución de 19.367 puntos a tecnoloxía Led, ademais empregáronse os equipos máis avanzados para conseguir mellorar o servizo de iluminación pública, á vez que se xeraron grandes aforros económicos e en termos de consumo de enerxía.

Este proxecto formulouse co obxectivo de conseguir un aforro respecto do anterior de 10.705.394,76 kWh anuais, pasando dos 15.740.175,82 kWh que consumían os equipos para retirar a 5.034.781,05 kWh previstos grazas aos novos equipos, o que supón un aforro de máis do 68% en consumo de enerxía.

Isto supoñerá unha redución das emisións de CO2 de 8.200.631,67 kg/ano á atmosfera, e unha redución da demanda de enerxía primaria de 33.605.275,34 kWh/ano.

Ademais das actuacións nas luminarias, o alcance das actuacións prevé melloras no resto das instalacións, co fin de optimizar o seu funcionamento, a súa seguridade e a adecuación destas aos máis recentes regulamentos.

Para financiar estas actuacións o Concello da Coruña solicitou e ten concedida unha axuda no contexto do Real decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020.

(BOE núm. 144, do 17 de xuño de 2017), modificado polo Real decreto 1516/2018, do 28 de decembro (BOE núm. 314, do 29 de decembro de 2018), o Real decreto 316/2019, do 26 de abril (BOE núm. 130, do 30 de abril de 2019) e o Real decreto 1185/2020, do 29 de decembro (BOE núm. 340, do 30 de decembro de 2020).

A dita axuda ascende á cantidade de 12.598.364,57 € para un investimento total admitido de 15.747.955,72 €.

En busca da calidade

Con este proxecto, o Concello da Coruña pretende mellorar o servizo de iluminación pública para a súa cidadanía, non só en termos de eficiencia, senón en termos de calidade e seguridade. O obxectivo é, coa axuda dos fondos europeos, modernizar unha instalación que o estaba demandando, xa que as tecnoloxías que estaban en servizo eran anticuadas na súa maior parte, ademais de que, debido ao especial clima da cidade, os soportes atopábanse nalgúns casos en mal estado, o que provocaba un risco que se pretendía evitar mediante unha actuación de gran calado como a executada mediante este proxecto.

Mediante as actuacións deste proxecto, todos os centros de mando da cidade contarán cunha cualificación enerxética A, ademais de cumpriren os regulamentos eléctricos e de eficiencia enerxética actuais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión