12 de febrero de 2020
Esta aprobación do proxecto de ordenanza municipal simplifica o procedemento da concesión de axudas para conservar e rehabilitar edificios de vivendas e o control económico destas
A Xunta de Goberno Local ordinaria que tivo lugar esta mañá no concello aprobou o proxecto de ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas na cidade. O Goberno local considerou axeitado acometer unha revisión profunda da ordenanza ata agora vixente para simplificar o procedemento da concesión de axudas, así como o control económico das obras obxecto delas, e unha determinación e cuantificación mais polo miúdo dos seus obxectivos.
As sucesivas modificacións realizadas nesta ordenanza municipal dende a súa entrada en vigor produciron unha certa disfunción no seu articulado, que dificulta a súa interpretación pola cidadanía e a tramitación das solicitudes de axudas polo Executivo local. Deste xeito, a dificultade na tramitación das últimas convocatorias realizadas nos anos 2017 e 2018 está a amosar claramente as debilidades desta ordenanza para facilitar procedementos áxiles para a concesión das axudas e para comprobar o executado e os seus importes.
A Xunta de Goberno Local tamén lle deu luz verde á prórroga do contrato de servizos de campamentos municipais urbanos en centros cívicos para nenas e nenos de 4 a 16 anos durante o verán e o Nadal (lote núm. 1) durante o período dun ano, que rematará o 15 de xaneiro de 2021, e cun orzamento máximo de 144.639 € (IVE incluído). Proximamente sairán a concurso as licitacións públicas de campamentos de día e campamentos tradicionais.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou impoñer á propietaria dun local no Orzán dúas infraccións moi graves por exceder o aforo en máis dun 25% xa que conta cunha licencia de actividade de café bar e cun aforo limitado a 24 persoas. O pasado 5 de xullo de 2019 ás 08.20 h da mañá a Policía Local contabilizou un total de 44 persoas, superando deste xeito nun 80% o máximo autorizado. O 29 de setembro de 2019 ás 08.15 h, a Policía Local contabilizou 38 persoas, superando nun 58% o límite autorizado. A sanción proposta por estas dúas infraccións tipificadas no artigo 32.a da Ley 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia é de 30.000 euros.
Ademais, a Xunta de Goberno Local tomou hoxe coñecemento da sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 da Coruña, no recurso (P.A.) 59/2019, a favor da Fundación Amancio Ortega Gaona, interposto pola exención do pago dun imposto pola construción da escola infantil da Sardiñeira, ao acordar o Goberno local en novembro pasado asumir o tributo e compensar á fundación.
12 resultados
El 9 de oct de 2024
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros
El 6 de oct de 2024
Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente
El 4 de oct de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu aos 14 equipos da competición e fixo entrega dun obsequio a César Carballeira polo seu título de campión do mundo
El 2 de oct de 2024
A proba celebrarase o vindeiro domingo 20 de outubro
El 1 de oct de 2024
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan a proba, un clásico do calendario deportivo anual da cidade, e que chega este ano á súa XVIII edición
El 30 de sep de 2024
O Concello e a Federación Galega e Española de Surf organizan este torneo que se celebrará na praia do Matadoiro, onde haberá tamén diferentes propostas de ocio e gastronomía
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible