5 de abril de 2020
O persoal educador e dinamizador dos centros cívicos está a chamar a todas as familias dos máis de 500 nenos e nenas rexistrados/as para comunicarlles que poden seguilas a través da canle de Youtube e preguntarlles se teñen necesidade de que se lles achegue mateial, que será levado de maneira gratuíta polas persoas voluntarias
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación pon en marcha a canle de Youtube "Coruña Acompaña" para que a veciñanza poida seguir en liña todas as actividades dos centros cívicos municipais. Esta programación está destinada a público infantil, xuvenil e adulto. Ademais, hai diversas actividades que poden ser desfrutadas por toda a familia ao seren interxeracionais.
Para algunhas das actividades infantís é necesario descargarse e imprimir un material específico. De xeito que, desde a concellería van imprimilo no concello e repartilo a través do dispositivo especial de voluntariado. O persoal educador e dinamizador dos centros cívicos está a chamar a todas as familias dos máis de 500 nenos e nenas rexistrados/as para comunicarlles que poden seguilas a través da canle de Youtube e preguntarlles se teñen necesidade de que se lles achegue mateial, que será levado de maneira gratuíta polas persoas voluntarias.
Doutra banda, activouse un servizo de SMS para comunicarlles a todas as persoas rexistradas nas actividades que poden continuar a súa realización na canle de Youtube "Coruña Acompaña". Ademais diso, as máis de 2.500 persoas rexistradas neste programa foron chamadas para darlles a mesma información, co obxectivo de que todas as persoas poidan desfrutar das actividades nas que están rexistradas.
5 resultados
El 22 de sep de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou os trofeos da proba na praza de María Pita
El 22 de sep de 2024
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, deu a saída da carreira e entregoulle á deportista Sofía Toro unha placa en homenaxe ás mulleres deportistas
El 22 de sep de 2024
Terá lugar a partir das 9.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, con probas organizadas en dúas quendas por conxuntos e individuais
El 20 de sep de 2024
A competición, na que colabora o Concello, realizarase na Escola Maroña Indoor desde as 11.00 horas
El 5 de jul de 2024
As persoas interesadas poderán participar nestas sesións, que promoven hábitos saudables durante o verán, sen necesidade de inscribirse
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible