8 de abril de 2020
O descenso do tráfico en Alfonso Molina (dirección entrada) foi moi pronunciado, cun 76,28% menos de vehículos
A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade informa de que, segundo os estudos que están a realizar desde o inicio do confinamento, o tráfico descendeu nas principais vías da cidade nun 75% de media. A redución mínima no tráfico rodado diario no termo municipal foi no acceso á cidade por Eirís cun 61%, e onde máis despuntou foi na rúa Manuel Murguía cun 81,87% de descenso dos vehículos en circulación. Mobilidade lembra que o estudo reflicte datos desde o pasado domingo día 15 ás 20.00 horas, momento en que entrou en vigor o estado de alarma decretado polo Goberno central en todo o territorio nacional por mor da pandemia do COVID-19. Ademais, o luns día 23 o Estado anunciou novas medidas restritivas para o desprazamento de vehículos.
No caso da rolda de Outeiro, o tráfico pasou durante a primeira quincena de marzo de soportar uns 22.539 vehículos diarios aos 5.361 na segunda quincena, o que supón un descenso do 76,21%. Tamén é similar o descenso do tráfico en Alfonso Molina (dirección entrada) cun 76,28% menos de vehículos. No caso da avenida de Arteixo, en dirección saída, observouse unha redución da Intensidade Media Diaria (IMD) do 76,88%.
Canto á media diaria de entrada de vehículos na cidade (polas vías Alfonso Molina, avda. De Fisterra, v14.- rolda do Deportivo da Coruña. Eirís, avda. de Salgado Torres e avda. Do Exército) situouse na primeira quincena en 65.000 vehículos diarios, mentres que na segunda os datos reflectiron una redución até os 17.326 vehículos diarios.
Polo que respecta á media diaria da saída de vehículos da cidade, a situación é semellante. Nas mesmas estradas, na primeira quincena de marzo, as saídas de vehículos foron 76.780 de media, mentres que na segunda foron 19.724.
12 resultados
O 9 de out de 2024
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros
O 6 de out de 2024
Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente
O 4 de out de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu aos 14 equipos da competición e fixo entrega dun obsequio a César Carballeira polo seu título de campión do mundo
O 2 de out de 2024
A proba celebrarase o vindeiro domingo 20 de outubro
O 1 de out de 2024
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan a proba, un clásico do calendario deportivo anual da cidade, e que chega este ano á súa XVIII edición
O 30 de set de 2024
O Concello e a Federación Galega e Española de Surf organizan este torneo que se celebrará na praia do Matadoiro, onde haberá tamén diferentes propostas de ocio e gastronomía
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible