2 de agosto de 2020
Os vehículos non poderán circular polo tramo que vai da avenida de Concordia a Ángela Blanca Soto, excepto os destinados á carga e descarga, que terán até as 11.00 horas para realizaren os traballos Seguirase o modelo que se aplicou nas rúas Compostela e Alcalde Marchesi, para continuar coa aposta do concello por crear espazos de convivencia en todos os barrios da cidade
A Concellería de Mobilidade peonalizará a rúa Monte das Moas, en concreto, do tramo que vai da avenida da Concordia á rúa Ángela Blanca Soto, para o que tomará como modelo o que se utilizou na reconversión das rúas Compostela e Alcalde Marchesi. A partir deste luns, a vía non soportará a circulación de vehículos, agás a dos destinados á carga e descarga, que poderán transitala até as once da mañá, tal e como se autoriza nas demais rúas peonís da cidade.
Para alertar a cidadanía sobre este cambio, instalaranse bordos e macetas que impedirán o paso do tráfico rodado, nunha aposta do concello pola calidade de vida e arquitectónica. A intención do Goberno local é facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que todos os barrios poidan desfrutar de espazos de convivencia. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que "cómpre unha continua migración da mobilidade actual a unha máis branda, cunha mellor eficacia do transporte público que reverta nunha maior conectividade e a creación de itinerarios que faciliten a utilización de vehículos brandos e o tránsito a pé".
Monte das Moas será peonil até o 15 de setembro mais desde Mobilidade estase estudando que esta condición sexa definitiva e que a rúa se sume a unha serie de intervencións de peonalización dentro do plan Coruña Camiña. Deste xeito, o concello responde a unha das peticións que formalizou no seu momento a Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros.
O Plan de Mobilidade do concello incluirá a reforma dos Cantóns, de parte do Paseo Marítimo e de arterias emblemáticas como Santo André, a favor dunha mobilidade en que "A Coruña camiñe" por zonas verdes e amables e non circule en coche a máis de 30 Km/h.
12 resultados
O 9 de out de 2024
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros
O 6 de out de 2024
Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente
O 4 de out de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu aos 14 equipos da competición e fixo entrega dun obsequio a César Carballeira polo seu título de campión do mundo
O 2 de out de 2024
A proba celebrarase o vindeiro domingo 20 de outubro
O 1 de out de 2024
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan a proba, un clásico do calendario deportivo anual da cidade, e que chega este ano á súa XVIII edición
O 30 de set de 2024
O Concello e a Federación Galega e Española de Surf organizan este torneo que se celebrará na praia do Matadoiro, onde haberá tamén diferentes propostas de ocio e gastronomía
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible