Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2024

Inés Rey destaca o “papel conciliador” dos Campamentos de Verán da Coruña

A alcaldesa visitou ao alumnado participante na presente edición de Campacoles e Summer Talk que se celebra en diferentes centros públicos da cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou esta mañá unha sesión de Campacoles, modalidade dos Campamentos Municipais de Verán destinada a escolares de Educación Infantil e Primaria que se celebra en diferentes centros públicos da cidade. A rexedora acudiu ao CEIP Anxo da Garda, onde tamén se están a levar a cabo as actividades de Summer Talk. Ambas iniciativas están organizadas polo Concello en colaboración coa Federación de ANPAs, que conta cun convenio nominativo por un importe total de 445.000 euros para levar a cabo as súas actividades ao longo do ano.

Inés Rey destacou o "papel conciliador da vida laboral e familiar" que teñen os Campamentos de Verán que ofrece o Concello. "Os nenos e nenas da cidade gozan cada verán de numerosas actividades deportivas, de lecer e de aire libre, cunha oferta variada e que revisamos cada ano para mellorala", sinalou a alcaldesa. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

Campacoles desenvolverase durante as mañás, de luns a venres, ata o 31 de xullo en nove centros educativos públicos da cidade, cun total de 1.215 nenos e nenas. As persoas participantes están levando a cabo diferentes actividades relacionadas cos Xogos Olímpicos durante esta semana. Por outra banda, nos Summer Talk os nenos e nenas están aprendendo inglés a través de diferentes temáticas. Esta primeira semana de xullo están repasando vocabulario para viaxar e moverse por cidades.

O Concello da Coruña ofrece, en total, nove modalidades de Campamentos Municipais de Verán para nenos e nenas de 3 a 17 anos, con prioridade en moitos casos para aqueles que cursen nos centros da cidade e estean empadroados na Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión