Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de junio de 2024

O Concello achegará 425.000 euros para financiar as actividades da Federación das ANPA dos centros escolares públicos da cidade O Concello achegará 425.000 euros para financiar as actividades da Federación das ANPA dos centros escolares públicos da cidade

A alcaldesa e a presidenta da Federación Provincial asinan dous convenios nominativos para o presente ano

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no Palacio de María Pita coa presidenta da Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos, María José Ferreño Precedo, dous convenios nominativos por un importe total de 445.000 euros. Un deles, de 425.000 euros, destínase a financiar o programa de actividades que realiza a Federación das ANPA ao longo de todo o curso escolar. O outro, por importe de 20.000 euros, servirá para gastos de persoal e formación.

"Os programas de actividades que realiza a Federación das ANPA nos centros públicos son claves para a formación das e dos escolares da cidade porque completan os contidos dos cursos con deporte, cultura, idiomas e educación en valores, ademais de ser unha ferramenta de conciliación para os pais e nais", dixo a alcaldesa, que lembrou que o convenio para actividades aumentou en 21.000 euros con respecto a 2023.

Os programas diríxense a alumnos e alumnas de todas as idades, desde educación infantil a bacharelato, e agrúpanse en dúas categorías: A Coruña de Aventura, con actividades como os itinerarios pola cidade, as rutas urbanas animadas e o proxecto Espías do Tempo; e A Coruña tardes, na que se enmarcan, entre outras actividades os campamentos de verán (Campacoles e Summer Talk). Tamén, grazas a este convenio, se financian parte das actividades do Día da Ciencia na Rúa e a Feira Matemática.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión