17 de enero de 2022
Oito integrantes da entidade, a referencia da provincia da Coruña no baloncesto en cadeira de rodas, adestrarán cada luns pola mañá nas instalacións municipais
O pavillón do barrio coruñés de Novo Mesoiro acolleu este luns, pola mañá, o primeiro adestramento de oito integrantes do Club Basketmi Ferrol, a principal referencia da provincia da Coruña na competición e formación en baloncesto en cadeira de rodas.
O Concello da Coruña, seguindo a liña de promoción da práctica deportiva adaptada marcada polo Goberno de Inés Rey, facilitou que a entidade dispoña de instalacións municipais para adestrar cada luns en horario matinal, axudando a ampliar a difusión do deporte adaptado na cidade.
Neste sentido, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, apuntou que, coa posta a disposición do pavillón de Novo Mesoiro para este proxecto, "a idea tamén é que os cidadáns interesados podan probar e animarse a facer deporte". "O sedentarismo é un problema xeral, sobre todo tras a pandemia, pero afecta moito ás persoas con discapacidade. Queremos que a través desta escola, con técnicos cualificados e con experiencia, adquiran a condición física e os aspectos técnico-tácticos necesarios para practicar este deporte", agregou Martínez, que visitou o primeiro adestramento esta mañá.
O obxectivo: consolidar unha escola que leve a conformar un equipo de competición
O presidente do Club Basketmi Ferrol, Álvaro Illobre, sinalou que a entidade, que impulsa a competición en baloncesto en cadeira de rodas desde o ano 1990, busca brindar a oportunidad de practicar deporte a persoas con diversidade de toda Galicia, tamén a impulsar a carreira dos futuros novos valores na disciplina.
"O proxecto é consolidar unha escola forte que poda levar a que un equipo compita aquí, na cidade, en dous ou tres anos", detallou Illobre. Polo momento, un total de oito deportistas, catro deles veciños de A Coruña, pero tamén outros que residen Carballo e Ferrol, xa comezaron os seus adestramentos no pavillón de Novo Mesoiro. "Está pensado para persoas con discapacidade física motora", sinalou Illobre, que abriu as portas a todos aqueles interesados en adestrarse co Basketmi na cidade da Coruña, coa Concellaría de Deportes e a propia entidade como vías de contacto dispoñibles.
22 de septiembre de 2024
22 de septiembre de 2024
22 de septiembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible