Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

11 de abril de 2025

O Concello informa a veciñanza e as comunidades sobre as axudas estatais para rehabilitación de vivenda

O persoal técnico municipal informou hoxe as persoas residentes das Casas de Franco, que poden optar a 1,7 millóns de euros

O persoal técnico municipal completou esta semana unha serie de encontros realizados coa veciñanza e as comunidades de propietarios dos catro Espazos Residenciais de Rehabilitación Programada delimitados na cidade. "Trátase de informar a todas aquelas persoas susceptibles de recibir axudas públicas do proceso que teñen que seguir para acceder a elas", indicou o concelleiro de Urbanismo, Francisco Díaz. O Goberno e Inés Rey acadou axudas totais para a rehabilitación de vivendas particulares por unha contía total de 6 millóns de euros, cantidade achegada a través dos fondos europeos Next Generation.

Hoxe o encontro tivo lugar no Centro Cívico Novoboandanza coas persoas residentes das Casas de Franco, ás que o persoal técnico municipal explicou os pasos que cómpre seguir para optar a un total de 1,7 millóns de euros de recursos dispoñibles para rehabilitar vivenda privada. Os ditos fondos poden empregarse tanto para melloras de fachadas e cubertas como para a climatización e accesibilidade, entre outras cousas.

As sesións informativas tiveron lugar tamén nos últimos no Barrio das Flores (que opta a 2,6 millóns de euros para o mesmo fin), na Cidade Vella (854.000 euros) e Grupo de Vivendas María Pita (884.000 euros).

"As axudas do plan estatal súmanse ás que tamén ofrece o Concello con recursos propios para rehabilitación e accesibilidade", indicou Díaz Gallego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible