11 de noviembre de 2024
Con estas novas localizacións xa son sete as instalacións postas ao servizo da veciñanza para a achega de residuos de reciclaxe complexa
O Concello ampliará ata sete a actual rede de puntos de proximidade destinados a residuos domésticos de difícil reciclaxe, coa instalación de tres novos centros de recollida nos barrios dos Castros, Os Mallos e Palavea.
Nestes colectores de pequeno formato a cidadanía poderá depositar residuos domésticos de tamaño reducido como bolígrafos e material de escritura, cartuchos de tinta, pequenos RAEES (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), pilas e acumuladores, cápsulas de café e lámpadas.
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, explicou hoxe que "a maioría destes residuos son tecnicamente reciclables, pero requiren dun tratamento máis complexo e de maior custo". "Desde o Concello queremos facilitarlle á veciñanza a separación e recollida destes residuos para evitar que acaben no vertedoiro, dando así unha saída axeitada a cada residuo, levándoo ao xestor de reciclaxe correspondente", agrega.
Cómpre lembrar que a cidade xa conta con catro minipuntos limpos de proximidade, con un grande éxito de captación e participación por parte dos veciños, localizados e operativos en:
A estes catro sumaranse tres novos, que darán servizo a:
Neste sentido, e co obxectivo de facilitar a correcta separación de residuos desde o inicio da cadea, o Goberno de Inés Rey está a promover a disposición de máis minipuntos limpos de proximidade, colectores de residuos de pequeno formato instalados na vía pública. Dispoñen de sete espazos independentes de introdución e almacenaxe de residuos, permitindo a recollida de unha a sete fraccións diferenciadas e contan con dous paneis informativos.
Estes novos puntos limpos de barrio para refugallos de pequeno tamaño, completan a rede de recollida de residuos contaminantes, perigosos e de difícil reciclaxe da cidade, formada polos dous puntos limpos dos Rosales e Eirís, destinados a residuos voluminosos como mobles, electrodomésticos, pneumáticos, podas e segas, entullos e botes de spray e pinturas, entre outros. As empresas dos polígonos industriais de Agrela e Pocomaco contan cos seus propios puntos limpos para darlle servizo ás industrias e empresas alí situadas.
Ademais, o punto limpo móbil do Concello percorre cada semana os barrios para que os veciños e veciñas poidan depositar refugallos como aceite doméstico, fluorescentes, pequenos electrodomésticos, radiografías e outros residuos.
Toda a información sobre o horario do punto limpo móbil pódese obter na web municipal ou no teléfono 010.
1 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible