Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de noviembre de 2024

O Concello pon en marcha o proxecto educativo KM0 para concienciar sobre a sostibilidade e medio ambiente

Chegará a preto de 500 alumnos e alumnas de entre 7 e 9 anos de catro centros educativos públicos da cidade

O Concello de A Coruñ pon en marcha o proxecto KM 0, unha iniciativa educativa e medioambiental en colaboración con Ingesan, empresa do grupo OHLA. O obxectivo principal é concienciar a preto de 500 alumnos e alumnas de entre 7 e 9 anos de catro centros educativos da Coruña sobre a importancia de adoptar prácticas sostibles, aplicando a regra das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Os centros nos que se levará a cabo este proxecto son CEIP Sagrada Familia, CEIP Salgado Torres, CEIP Víctor López Seoane e CEIP Fernández Latorre. Para o desenvolvemento do proxecto, realizaranse diversas charlas formativas impartidas por persoal de limpeza de Ingesan, que compartirán a súa experiencia sobre a segregación de residuos e o impacto positivo do reciclaxe.

Ademais, realizaranse actividades interactivas entre as que destacan dinámicas como o xogo "Palabra Tabú", onde equipos de estudantes describen residuos sen usar palabras específicas para que outros adiviñen a súa correcta reciclaxe; o trivial das 3R, que retará ás persoas participantes con preguntas baseadas na charla sobre boas prácticas ambientais; ou 'Recicla e Avanza', un xogo de taboleiro onde os nenos e nenas superan retos relacionados co reciclaxe para avanzar, aprendendo mentres xogan. Ao finalizar, os alumnos recibirán premios como mochilas, toallas de man e cadernos, xunto con diplomas de participación. 

O proxecto KM0 xa se realizou noutras localidades de España como Picassent, en València, ou Albacete. "Participar neste proxecto permítenos non só ter un impacto moi positivo no alumnado dos centros, fomentando a súa concienciación sostible, senón tamén posicionar ás escolas como axentes de educación ambiental", sinalou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación e Innovación Tecnolóxica.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión