Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de febrero de 2024

A disputa da 5K paralela abre o calendario de probas populares da cidade

Pablo Sánchez e María Azucena Díaz gañan o medio maratón C21, que congregou a máis de 2.500 participantes nas rúas da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores

Pablo Sánchez Crego e María Azucena Díaz Calvo gañaron a XVI edición do medio maratón Coruña 21, que se disputou esta mañá nas rúas da cidade, coa participación de máis de 2.500 persoas, entre a C21 e a 5K. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, quen tamén deu a saída.

Na categoría masculina, o mellor tempo, marcado por Pablo Sánchez Crespo, foi de 1:05.11. Acompañárono no podio final Workneh Fikre como segundo clasificado cun tempo de 1:05.14 e Eric Nzambimana como terceiro cun tempo de 1:05.15. Na categoría feminina, María Azucena Díaz detivo o crono cun tempo de 1:19.34. A segunda mellor clasificada foi Sonia Abad, cun tempo de 1:25.01, mentres que María Jesús Conde quedou terceira cun tempo de 1:25.26.

Esta carreira que promove o Goberno de Inés Rey busca afianzarse como un dos mellores medio maratóns do país, contando coa presenza dos mellores atletas, como é o caso de Tariku Novales, récord e actual campión de España de maratón. A proba leva tres anos consecutivos aumentando o número de inscritos. A alcaldesa quixo agradecer o esforzo do persoal municipal e demais integrantes da organización que traballaron contra o reloxo para que a proba puidese disputarse debido ás malas condicións meteorolóxicas. Tamén quixo agradecer a colaboración do Sporting Club Casino, que habilitou as súas instalacións para albergar os servizos de ropeiro, recollida de dorsais e fisioterapia.

O medio maratón mantivo o percorrido das dúas últimas edicións. As persoas participantes comezaron e concluíron a C21 no Obelisco. A primeira parte trancorreu por Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e o porto coruñés. Na segunda, os atletas percorreron as praias de Riazor, Orzán e Matadoiro polo paseo marítimo e atravesaron a rúa San Andrés para ir ata Porta Real e, desde alí, chegar á meta.

Por outra banda, o Goberno de Inés Rey volveu apostar nesta edición polo desenvolvemento en paralelo dunha proba de 5 quilómetros que lle permitiu ás persoas participantes gozar do ambiente do medio maratón e aclimatarse á distancia habitual do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comeza o próximo mes de marzo. Na categoría masculina, os tres primeiros clasificados foron Pablo Bocelo (15.52), Yago Ignacio García (16.01) e Víctor Alonso (16.08). Na categoría feminina, as mellores foron Irati Lorza (19.06), Tania López (19.46) e Yolanda Gutiérrez (20.01).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión