18 de outubro de 2020
Serán dous cursos formativos en que as persoas participantes se achegarán ao modelo cooperativista e ás premisas que cómpre ter en conta para que unha idea de negocio sobreviva co tempo
O Concello da Coruña impulsa a realización de dous cursos de teleformación, dirixidos ás persoas socias e asalariadas de cooperativas, ás que están interesadas no emprendemento cooperativo ou teñen unha idea de negocio, así como ao público en xeral. O primeiro deles, "A Coruña emprende en cooperativa", terá lugar do 9 ao 25 de novembro, e o segundo, "Da idea á cooperativa. A Coruña emprende", está programado do 1 ao 18 de decembro. Ambas as opcións enmárcanse dentro do convenio de colaboración entre o concello e a unión de cooperativas EspazoCoop para desenvolver a iniciativa "Emprendemento e divulgación da economía social", conformada por accións que buscan apoiar o cooperativismo na cidade.
En "Da idea á cooperativa", que ten como prioridade formar a persoas desempregadas, as e os participantes achegaranse ao modelo cooperativo para lles mostrar as condicións e os pasos que hai que dar necesarios no caso de emprenderen baixo esta fórmula. Ademais, coñecerán o valor que na actualidade teñen as cooperativas e as achegas sociais e económicas que propician con exemplos in situ de cooperativistas en activo, que lles falarán das súas experiencias.
No curso de decembro, daráselles premisas sobre o que deben ter en conta para levar adiante un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborarán conxuntamente un prototipo, e, por último, avaliarán os requisitos e compromisos como grupo promotor, as tarefas que van desenvolver e fixarán un calendario de actuacións.
Deste xeito, concello e EspazoCoop pretenden mellorar a capacidade de resistencia das cooperativas e que poidan superar os impactos e as consecuencias derivadas da crise da Covid-19. Entre os obxectivos está o de acompañar os grupos promotores e que sobrevivan co tempo, dando a coñecer os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego. Ambas as institucións comprométense a informar sobre as posibilidades e produtos que se ofrecen desde as entidades de Banca Ética e da Economía Social para o financiamento de proxectos.
O programa "Emprendemento e divulgación da economía social" conta con tres liñas de intervención, que comezan co apoio no reinicio de actividades, e que inclúen o asesoramento e acompañamento, tanto a cooperativas en marcha como a grupos de persoas promotoras para agruparen servizos, recursos e investimentos. Ofrécese ademais un asesoramento especializado na área de financiamento, con foco na banca ética e de base cooperativa, para entidades de economía social e solidaria e por último, dáselles unha teleformación. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar máis polo miúdo os contidos destes cursos a través desta ligazón https://espazo.coop/novas-do-coperativismo/economia-social-a-coruna-2020/.
12 resultados
O 9 de out de 2024
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros
O 6 de out de 2024
Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente
O 4 de out de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu aos 14 equipos da competición e fixo entrega dun obsequio a César Carballeira polo seu título de campión do mundo
O 2 de out de 2024
A proba celebrarase o vindeiro domingo 20 de outubro
O 1 de out de 2024
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan a proba, un clásico do calendario deportivo anual da cidade, e que chega este ano á súa XVIII edición
O 30 de set de 2024
O Concello e a Federación Galega e Española de Surf organizan este torneo que se celebrará na praia do Matadoiro, onde haberá tamén diferentes propostas de ocio e gastronomía
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible