Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aplicacións para móbiles

Logo app

App Coruña. App oficial do Concello da Coruña

Con esta app, os cidadáns e cidadás poderán acceder a multitude de servizos municipais desde unha soa app. Entre eles algúns tan demandados como usar os autobuses urbanos (máis información en ) Millennium QR ou as bicicletas públicas. Outros servizos dispoñibles son consultar información en tempo real sobre o tráfico, os horarios e tempos de chegada dos autobuses, actividades culturais, información de recibos, impostos, préstamos bibliotecarios e moito máis. Esta app é unha excelente ferramenta para estar ao día dos servizos municipais e da vida da cidade. Descubre todas as súas características en APP Coruña

Logo app

A Coruña de Emilia Pardo Bazán

Dámosvos a benvida a esta nova experiencia pola cidade da Coruña na que descubriredes en realidade aumentada a historia de Emilia Pardo Bazán.

Logo app

A Coruña en feminino

Dámosche a benvida a esta nova experiencia para a cidade da Coruña na que descubrirás en realidade aumentada un pouco máis da súa historia a través das mulleres que a fixeron posible.

Logo app

Circuíto Coruña Corre

Circuíto de Carreiras Populares da cidade da Coruña que promove o deporte entre a cidadanía, fomenta uns hábitos de vida saudables e anima a xente a participar nestes eventos deportivos que cada vez son máis habituais nas nosas rúas.

Logo app

Coruña Educación REIM

Aplicación para dispositivos móbiles Android ou IOS para persoas usuarias da Rede de Escolas Infantís Municipais.

Logo app

Coruña Millennium Próxima

A través desta aplicación a persoa usuaria pode consultar na aplicación o estado do seu moedeiro, recargar o saldo, xestionar o seu perfil, facer as recargas de abonos pendentes --como é o caso daquelas usuarias da tarifa plana, por exemplo--, ou consultar o histórico de viaxes.

Logo app

EasyPark – Keep moving

A nosa app axuda a millóns de condutores a aforrar diñeiro e tempo, eliminando toda a tensión e a molestia asociada co aparcadoiro en zonas urbanas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión