Visita o álbum de fotos desta biblioteca
981 184 391
Horario
*Esta biblioteca permanecerá pechada do 19 de xullo ao 16 de agosto.
Horario
Como chegar?
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de bus urbano
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca?
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.
Dispón de múltiples múltiples materiais para levares en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...
Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede
Máis información
A Biblioteca Municipal Castrillón abriu as súas portas no ano 1996 e en 2008 ampliou as súas instalacións. Conta na actualidade con dúas plantas e un total de 1.200 metros cadrados.
A biblioteca ofrece todos os seus servizos nunha ampla zona xeográfica cun volume de poboación que supera os 19.000 habitantes, o que supón case un 8% da poboación total da cidade.
A biblioteca está situada no centro do barrio e comparte edificio co Centro Cívico de Castrillón. Dá servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa área de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso á información, á formación e o coñecemento doutras formas de oficio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible