Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Enderezo:

Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Teléfono:

981 184 392

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

  • Inverno e verán
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os xoves pecha das 14.00 ás 16.00 h)
    • Sábados: das 10.00 ás 14.00 h
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa

Horario

  • Inverno e verán
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os xoves pecha das 14.00 ás 16.00 h)
    • Sábados: das 10.00 ás 14.00 h
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de autobús urbano

Liña 3 - Liña 3A - Liña 6 - Liña 6A - Liña 12 - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Sagrada Familia abriu as súas portas ao público no barrio do mesmo nome no ano 1991, froito da vontade dun padroado integrado por unha obra benéfico social e o Concello da coruña.

Dende entón, o crecemento da afluencia e demandas dos veciños e veciñas, e a súa implementación como lugar de referencia cultural na zona foi constante. Froito desta evolución, ao longo dos anos 2002 e 2003 amplíase e refórmanse as instalacións e servizos da biblioteca. Actualmente dispón dunha planta de 740 m2, organizada en dúas salas e unha aula de formación, ademais do depósito e a zona de traballo.

O barrio de Sagrada Familia ten unha gran densidade de poboación e é un dos núcleos máis importantes de poboación inmigrante da cidade.

A Biblioteca Sagrada Familia pódese definir como unha biblioteca de barrio que trata de ser motor de impulso e promoción para a reacción cultural entre os seus veciños e veciñas, ademais dun recurso que posibilite a igualdade social de oportunidades no acceso á información nunha época na que se se adquiriu un valor transcendental.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión