Durante este campamento de Nadal encheremos os nosos días coas cores que iluminan e alegran o noso planeta e que fan del un fermoso arco da vella cheo de enerxía e ledicia. Será un campamento moi colorido e cheo de diversión no que viaxaremos polo fabuloso mundo das cores para ir pintando con elas as diferentes actividades e xogos.
Nenas e nenos nacidas/os entre 2007 e 2015, agrupados por idades.
Número de prazas por centro: 110 nenas/os, distribuídos en 6 grupos por idades.
Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.
No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente a cada unha das solicitudes.
Familias, Infancia
Dende o 23/12/2019 ata o 07/01/2020
Xa rematou
Dende o 02/12/2019
A partir do 2 de decembro, até cubrir as prazas
Na conserxaría do Fórum Metropolitano ou do Ágora; en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. É obrigatorio facer a inscrición no centro no que se desexa realizar o campamento.
Admitiranse 3 fichas por persoa; excepto no caso de ser irmáns, no que se recollerán as fichas de todos eles.
De 10.00 a 14.00 h.
Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 h, para comer a merenda que cada participante traerá da súa casa.
Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar:
Opción A: 8:30 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.
Opción B: 8:30 a 10:00 h.
Opción C: 9:00 a 10:00 h.
Opción D: 9:00 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.
Opción E: 14:00 a 14:30 h.
Só campamento: 35,00 €
Para as opcións con ampliación horaria:
Opción A: 45,00 €
Opción B: 42,50 €
Opción C: 40,00 €
Opción D: 42,50 €
Opción E: 38,00 €
Fórum Metropolitano 981 184 293
https://es-es.facebook.com/ForumMetro
forum@coruna.es
Centro Ágora 981 189 888
http://www.coruna.es/centroagora
agora@coruna.es
Ademais de guiarnos pola diversión e o xogo, as cores servirannos como fío condutor para desenvolver as emocións, valorar a diversidade, fomentar a igualdade e a multiculturalidade, ... Desta maneira, a través do abano de innumerables cores visualizaremos a idea de que todas as persoas somos diferentes e diversas e iso é o que enriquece a nosa comunidade e a nosa cidade.
ADXUDICACIÓN
Por rigorosa orde de inscrición, até cubrir as prazas de cada centro: o 50% (55 prazas) en horario de mañá e 50% das prazas restantes (55) en horario de tarde
REUNIÓN INFORMATIVA
Ao chegaren o primeiro día haberá unha reunión informativa, duns 15 minutos, coas familias, co obxectivo de garantir o bo funcionamento do campamento e resolver dúbidas.
Nela abordaranse cuestións relacionadas coa súa organización: puntualidade na chegada e na recollida da/do nena/o, respecto aos educadores/as a aos/as compañeiros/as, cumprimento das instrucións dadas polos/as educadores/as, coidado no uso do material e das instalacións, entre outras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible