Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Modificación de liñas

Cando:

Dende o 11/06/2024

Enderezo:

Rúa Casanova de Eirís y calle Bergondo. 15009

Por obras no cruzamento das rúas Casanova de Eirís e Bergondo

O 11 de xuño inícianse unhas obras no cruzamento das rúas Casanova de Eirís e Bergondo, as cales afectan o transporte urbano da zona, concretamente, das liñas 1, 12A e 14.

  • As liñas 12A e 14, en dirección aos Castros, desviaranse desde a rúa Antonio Noche, núm. 10 (intersección coa avda. da Concordia) pola avda. da Concordia, Casanova de Eirís, rúa Abegondo e rúa Curtis, onde recuperan os seus itinerarios habituais.
  • As liñas 1 e 12A, cando veñen dos Castros cara ao Castrillón-avda. de Monelos, desviaranse desde a rúa Abegondo por Casanova de Eirís e avda. da Concordia. Recuperan o itinerario habitual na ¡avda. da Concordia, núm. 188 (despois do cruzamento coa rúa Antonio Noche).

Durante o tempo que duren as obras, as paradas núm. 15 da praza de Pablo Iglesias 8 e núm. 68 da praza de Pablo Iglesias, situadas na rúa Bergondo, non se poderán realizar e quedarán temporalmente sen servizo. Estas paradas serven de cabeceiras (paradas de final e inicio de percorrido) das liñas 1 e 14 (ademais de ser paradas de paso da liña 12A). Polo que, temporalmente, a liña 1 pasará a realizar a parada de cabeceira na rúa Abegondo, núm. 3 e a liña 14 farao na rúa Curtis, fronte ao núm. 6.

Na imaxe aparece o trazado dos itinerarios alternativos:

  • Trazado vermello: marca o itinerario alternativo das liñas 12A e 14 dende Monelos con dirección aos Castros.
  • Trazado Verde: itinerario alternativo das liñas 1 e 12A cando veñen desde Os Castros en dirección cara a Monelos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión