Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de septiembre de 2024

O Concello habilitará este domingo un dispositivo especial no transporte público para a primeira xornada do Básquet Coruña na Liga ACB

O reforzo, efectivo antes e despois do partido, levarase a cabo na liña universitaria que conecta a praza de Pontevedra coa avenida Alfonso Molina. A primeira saída será ás 17.00 horas

Este domingo, 29 de setembro, o Leyma Básquet Coruña iniciará a súa nova andadura na máxima categoría do baloncesto nacional, a Liga ACB. Será no Coliseum da Coruña e ante o vixente campión, o Real Madrid, nun encontro que comezará ás 18.30 horas e que pechará a primeira xornada da competición.

A actual rede de transporte público da Coruña conta con nove liñas, 1-A, 4, 5, 12-A, 20, 22, 23, 23-A e 24, que conectan dos distintos barrios da cidade co Coliseum ou a súa contorna. Ditas liñas seguirán prestando servizo nos horarios habituais. A maiores, e co obxectivo de lles facilitar o desprazamento ás e aos afeccionados, o Concello ten previsto habilitar un dispositivo especial poñendo en servizo a liña UDC entre a praza de Pontevedra e o campus universitario de Elviña.

Ás 17.00 horas haberá unha primeira saída desde a praza de Pontevedra e manteranse frecuencias cada dez minutos ata as 18.30 horas, hora de inicio do partido, sumándose así este reforzo ao servizo que ofrecen as liñas xa existentes. O percorrido será o xa habitual da liña de autobús universitario, con paradas en Juan Flórez, San Pedro de Mezonzo, Alfonso Molina, As Paxariñas e novamente en Alfonso Molina á altura do Coliseum, sendo esta última a parada de destino.

O servizo de volta reiniciarase co mesmo procedemento ao rematar o encontro, desde as paradas de autobús urbano do campus universitario de Elviña e tamén na de en Alfonso Molina, mais na parada que está situada á beira do barrio de Matogrande, polo que será necesario cruzar a avenida pola pasarela peonil.

Ata dez liñas de transporte urbano pasan preto do Coliseum e a súa contorna

Este domingo haberá, pois, un total de dez liñas dispoñibles para viaxar ás inmediacións do Coliseum e a súa contorna. Son as liñas 1-A, 4, 5, 12-A, 20, 22, 23, 23-A e 24, ás que se sumará a da UDC.

Documentos:

Descarga aquí a infografía co dispositivo especial de transporte urbano polo Básquet Coruña - Real Madrid (683 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión