A colaboración poderá realizarse con doazóns a través de entidades ou inscribíndose na bolsa de familias acolledoras creada pola Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno (OMAPU) da Coruña.
Doazóns
A respecto das doazóns informámoslle das entidades e recomendacións que realiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en coordinación coa FEGAMP; e daquelas que, na Coruña, están a traballar coa protección internacional e as específicas de apoio ao pobo ucraíno.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en coordinación coa FEGAMP, facilita as seguintes indicacións para a canalización da solidariedade co pobo ucraíno.
Prégase NON facer provisión de alimentos, mantas ou outros materiais de primeira necesidade xa que as ONG que xestionan a repartición de axuda no terreo están colapsadas. Ademais, Rusia está a bombardear camións cargados con axuda humanitaria e non é posible garantir a distribución.
O máis eficaz é facer unha achega económica ás ONG ou administracións locais que están a dar apoio á poboación ucraína afectada, para que se compre o que realmente precisan.
Vías de canalización de achegas económicas
Trasladan as seguintes vías de canalización de achegas económicas:
Entidades delegadas na Protección Internacional
Oficina.: Rúa Víctor López Seoane, 3-5 Baixo. 15007 A Coruña
Teléfono.: 881 06 98 02
Enderezo electrónico.: acoruna@accem.es
Para doazóns:
Bizum 04939 ou ES27 0049 1892 6828 1053 2056
Oficina: Rúa Cruz Vermella Española, 1. 15002 A Coruña
Teléfono.: 981 22 10 00
Enderezo electrónico: galicia@cruzroja.es
Enderezo electrónico para doazóns: pagago@cruzroja.es
Entidades galegas de apoio ao pobo ucraíno
Enderezo electrónico: aga.ucraina@gmail.com
Contas de AGA-UCRAINA para facer doazóns:
ES73 2080 0000 7230 4027 0691(ABANCA)
ES49 0049 7709 1122 1000 5663 (SANTANDER)
Familias acolledoras
A respecto das familias acolledoras, o concello da Coruña crea unha bolsa para acoller a persoas ucraínas que foxen da guerra e chegan a nosa cidade. Consiste nun rexistro de todas aquelas familias coruñesas que están dispostas a acoller a cidadás e cidadáns de Ucraína que non teñan onde aloxarse. Este acollemento será temporal, ata que a entidade Accem, responsable de tramitar o acceso ao Sistema de Acollida de Protección Internacional, lles asigne unha praza no devandito programa.
Para formar parte desta bolsa deberán cubrir o Formulario de inscrición á bolsa de familias acolledoras e aceptar os compromisos que figuran nel.
A selección das familias de acollida será realizada por un equipo técnico municipal que se encargará do estudo e valoración da súa idoneidade así como o posterior seguimento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible