Atención a fregueses:
Luns a venres de 11:30 h. a 13:30 h. e de 18:30 h. a 19:30 h.
Misas:
Luns a sábado ás 20:00 h. Domingos e festivos: ás 12:30 h. e 20:00 h.
Igrexa románica, da Escola Compostelá do S. XII situada no centro da Cidade Vella. Considérase o templo máis antigo da Coruña. Posúe elementos ojivales dos S.XIV e XV e reconstrucións de varias épocas por sufrir varios incendios. A portada principal, ten un rosetón ojival de finais do S.XIV e o tímpano con Santiago Apóstolo. No portada norte, esta o tímpano co "Agnus Dei". No seu interior hai sepulcros antigos e un púlpito en pedra do S.XVII. Consérvanse interesantes aras romanas. Destacan as imaxes da Virxe e o Neno, A Virxe do leite e Santiago Apóstolo. No atrio reuníase no S. XIV, o concello da cidade e nunha das súas torres (actualmente só queda a do campanario) gardábase a pólvora para a defensa da praza. Estaba dedicada nas súas orixes aos peregrinos que viñan a Compostela por mar.
Declarada Ben de Interese Cultural desde 1972.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible