Venda en liña de entradas https://ticketing.coruna.gal/torre/visita/
De luns a domingo:
De outubro a maio: das 09.45 ás 17.00 h (última venda ás 15.45 h)
Do 1 ao 15 de xuño e do 16 ao 30 de setembro: das 09.45 ás 17.30 h (última venda ás 16.15 h)
De 16 de xuño ao 15 de setembro: das 09.45 ás 21.00 h (última venda ás 19.45 h)
Entrada xeral: 3,09 €
Entrada reducida: 1,55 €
Esta é a nosa Torre, o noso símbolo. A súa silueta reflicte sobre o océano a personalidade atlántica dos que habitamos na Coruña.
A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída a finais do século I ou comezos do século II, durante o imperio romano, por un arquitecto de Coimbra de nome Caio Sevio Lupo. A súa luz foi desde sempre un punto de referencia para os navegantes.
O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.
A Torre de Hércules está situada na costa norte da península coruñesa, a 50 metros de altitude.
Na súa contorna está o Parque Escultórico da Torre de Hércules .
Desde o ano 2009 forma parte da listaxe de Patrimonio Mundial.
A Torre de Hércules e Picasso
Picasso pintou "La Torre de Hércules" ao óleo nunha táboa. Debuxouna tamén nun dos xornais manuais que fixo na Coruña: nese caso, presentouna sobre un prato e bautizouna como "Torre de caramelo". Así é como a chamaba seu pai, en alusión á cor do granito que a reviste dende o século XVIII. Moitos anos despois da súa marcha, Picasso lembraba ás parellas que, non con intencións paisaxísticas, frecuentan aquel apartado lugar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible