Espectáculo para nenas e nenos de 3 a 6 anos
Familias, Infancia
20/12/2022
Xa rematou
Dende o 16/12/2022 ata o 20/12/2022
A inscrición comezará o venres 16 ás 10.00 h a través desta web.
A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
O espectáculo teatral "A visita do Apalpador", trata de achegar ás familias e nenas e nenos esta figura mítica do Nadal galego.
Este non é ano de froito, que hai moita seca. Como fará o Apalpador para conseguir castañas para repartir no Nadal? Neste espectáculo cóntase, dun xeito disparatado e divertido, a historia do Apalpador e a súa axudante, Trasniña. Nenas e nenos aprenderán a soutar e cantarán as cancións tradicionais sobre o personaxe, coa axuda do libro "O Apalpador" do escritor e actor Carlos Labraña.
Unha proposta de lecer en familia para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: A visita do Apalpador pase das 17.00 h e A visita do Apalpador pase das 18.30 h para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.
A cada pase só poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Dende o 21/06/2024 ata o 29/07/2024
Dende o 13/09/2024 ata o 14/09/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024
Dende o 03/10/2024 ata o 04/10/2024
Dende o 05/10/2024 ata o 06/10/2024
Dende o 11/10/2024 ata o 12/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible