Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Actividades de Nadal 2024. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

Actividades de Nadal 2024. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

A quen vai dirixido:

Infancia, Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/12/2024 ata o 05/01/2025

Inscricións:

Apertura do prazo de inscrición: mércores 11 de decembro ás 10.00 h

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Prezo:

Todas as actividades son gratuítas con inscrición previa nas ligazóns indicadas en cada unha delas.

Organiza:

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña

Contacto:

981 189 850

museo.arqueoloxico@coruna.gal

Todas as actividades son gratuítas e con inscrición previa.

A inscrición será a través das ligazóns indicadas en cada unha das actividades.

As visitas guiadas a través do teléfono: 981 189 850

Apertura do prazo de inscrición: mércores 11 de decembro ás 10.00 h.

1. Visitas guiadas:

1.1 Visitas ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.

Días: 21 e 28 de decembro ás 12.00 h

Duración aprox.: 1 h e 30 min

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h)

1.2. Visitas ao Castro de Elviña

Días: 22, 29 de decembro e 5 de xaneiro ás 12.00 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h)

2. Obradoiro infantil:

"TIC-TAC... O TEMPO A TRAVÉS Da HISTORIA"

Parácheste a pensar no tempo algunha vez? Que é? Como se mide? E sobre todo... desde cando? Durante o transcurso da actividade achegarémonos ao concepto do tempo para descubrir a súa importancia na nosa vida. Falaremos dos primeiros reloxos e a súa evolución ata os nosos días; tamén do calendario e a súa relación coa antiga Roma. Para finalizar darémoslle cor ao novo calendario e traballaremos na fabricación do noso propio reloxo de area.

Día: 21 de decembro ás 11.45 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/nadal/

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión