Inauguración da exposición “Alter ego” na sala Plataforma14
Para público en xeral
Dende o 28/06/2019 ata o 31/07/2019
Xa rematou
de luns a venres de 9.00 a 21.00 h e sábados de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Alter ego", que recolle os últimos traballos do artista Jonatan Mesías Torres.
Nacido na Coruña en 1991, comeza o seu achegamento ás artes plásticas con 6 anos co agasallo do seu primeiro set de pintura por parte dos seus pais e posteriormente con 12 anos, a súa primeira cámara de fotografía. Participou en diferentes exposicións individuais e colectivas como parte doutro conxunto de artistas tanto en pintura como en fotografía.
Durante a súa fase de estudos o artista decántase pola corrente artística do expresionismo, tras rozar a grandes expresionistas das vangardas e o seu posterior achegamento á obra de Jean-Michel Basquiat dáse conta de que unha pintura atrae máis canto máis exprese do autor, e por iso pasa dun estilo limpo ao máis improvisado e sen traballo previo, chegando a plasmar nas súas obras os seus máis profundos sentimentos e mensaxes sociais.
Na exposición "Alter ego" poderáse observar a súa obra pictórica e inaugurarase o venres 28 de xuño ás 19:00 horas, poderase ver ata o 31 de xullo.
A sala Plataforma14, que está coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Dende o 12/08/2024 ata o 30/09/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible