LIBREMENTE é un concerto antolóxico no que Amancio Prada mostra e revela as pegadas e voces que latexan no seu propio canto e que foron trenzando o fío da súa vida de artista.
Para público en xeral
27/10/2024
Xa rematou
19.30 h
Platea: 25,00 €
Palco: 22,00 €
Principal: 22,00 €
1ª fileira de Principal (visibilidade reducida): 20,00 €
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Montravad SL
Das fantasías de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, pasando polas de Gustavo Adolfo Bécquer,e Álvaro Cunqueiro, Darío Xoán Cabana, Agustín García Calvo Chicho Sánchez Ferlosio ata as súas propias, do seu novo disco, titulado Prada Prada. Poetas -distintos e distantes- vinculados por un canto que é algo máis que a harmonía e a palabra: a viva pegada da súa memoria na acesa voz do paxaro solitario que segue sendo Amancio Prada.
O legado musical de Amancio Prada abrangue composicións propias e adaptacións de textos de poetas antigos e modernos, configurando un percorrido antolóxico pola lírica peninsular. Desde as cantigas dos primeiros trobadores galego-portugueses, o Romancero e Jorge Manrique, san Juan de la Cruz, Teresa de Jesús, Rosalía De Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, ata autores contemporáneos como Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, María Zambrano, Álvaro Cunqueiro, Carmen Martín Gaite, Agustín García Calvo, Luis López Álvarez, Antonio Pereira e Juan Carlos Mestre, entre outros. A súa obra abraza a riqueza e diversidade da poesía ibérica.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
26/12/2024
04/01/2025
05/01/2025
12/01/2025
25/01/2025
31/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible