A Fundación Legar ofrécelles ás familias un obradoiro de arrolos e música para adormecer.
Familias, Infancia, Para público en general
26/09/2023
Ya ha finalizado
Desde el 22/09/2023 hasta el 26/09/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata de 0 a 12 meses (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
60 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
20 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Os arrolos, nanas ou cantigas de berce son cantares infantís de cariz popular, de suave e rítmica melodía que acotío se acompañan de movemento ou un axóuxere. Reforzarase o vínculo afectivo entre as crianzas máis pequechas e as persoas adultas.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible