Temor A Contratiempo Zayrus Selector Odeón + Javi Alvedro►
Para público en xeral
18/05/2018
Xa rematou
20.30 h
Entrada gratuíta
Con ocasión do 18 de maio, Día Internacional dos Museos, a asociación cultural "Sen Ánimo de Nome", en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña, celebran a súa terceira edición do Audio+Visual►
onde se mostra o traballo musical con voz e texto de Zayrus Selector Odeón combinado coa proxección das imaxes visuais do artista e fotógrafo Javi Alvedro, o todo emulsionado nos mínimos detalles e a máxima sincronización.
Os dous artistas galegos presentanlle ao público o seu novo proxecto "Temor a contratempo": unha viaxe musical no tempo coa finalidade de non quedar indiferente aos ollos das persoas espectadoras. Un proxecto musical e visual que ofrece a posibilidade á reflexión sobre argumentos existenciais como o medo e a súa relación co tempo.
O espectáculo estréase o venres 18 de maio ás 20:30 h no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña.
O Audio+Visual► é un espectáculo audiovisual onde os sons experimentais e electrónicos dos artistas de son comunican coas imaxes proxectadas por artistas visuais coa intención de crear unha fusión intensa entre imaxes animadas e sons industriais. Ademais este ano súmase ao evento o elemento de guión poético con voz e texto.
O proxecto entra dentro do seu programa 1+1Play/A Coruña Artistas en Microresidencia.
Zayrus e Javi produciron o traballo enteiro nun proceso creativo desenvolvido a distancia, desde Galicia (Zayrus) e México onde se atopa actualmente instalado Javi. Aspecto apreciable para considerar o bonito e creativo que pode nacer desde colaboracións entre artistas e pontes dun intercambio artístico transfronteirizo.
O Audio+Visual► 2018 converterá así o Salón de Actos do Museo de Belas Artes en toda unha experiencia artística mística e astral, única para vivila.
22/04/2025
Dende o 18/04/2025 ata o 22/04/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
26/04/2025
29/04/2025
Dende o 25/04/2025 ata o 29/04/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
30/04/2025
03/05/2025
03/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible