Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

BbEncontro: Chegamos á festa final co espectáculo Glub!, de Ramiro Neira

Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias!

A quen vai dirixido?:

Bebés de 6 a 24 meses

A quen vai dirixido:

Bebés, Familias

Cando:

25/05/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/05/2024 ata o 25/05/2024

Require inscrición.

Horario:

11.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Número de prazas:

10

Hashtag:

#Bbencontros

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Chega finais de maio e con el a celebración da fin de curso dos Bbencontros 2023-2024. Na Biblioteca Ágora festexarémolo en familia co espectáculo Glub!, da man do actor, director, docente e produtor Ramiro Neira (Ribadavia, 1977).

Sobre Glub!

Hai momentos para compartir... Ten que haber momentos para compartir!!!

Hai que levar as crianzas á escola infantil, ir traballar, recollelas na escola, facer a compra, ir ao banco, ao médico, coller o teléfono, volver á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalas ao parque...!!!!!

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos desfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso/a pequeno/a... é o momento do baño!

Onde as burbullas de xabón se converten en historias, soños, contos...

Sobre Ramiro Neira

Diplomado en Maxisterio, especialista en Audición e Linguaxe, con ampla experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor de diferentes espectáculos de teatro. Como actor traballou e traballa con diferentes grupos de teatro: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán.

Como docente e director coordinou grupos en Sardiña, Gangarilla, Instituto María Casares, Centro Fonseca, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Concello de Ordes, Fogar do Maior do Barrio das Flores, Artestudio, Fórum Metropolitano, entre outros.

Na actualidade compaxina os seus traballos como docente, actor e director coa coordinación de distintos proxectos do Concello da Coruña como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente da Coruña.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión