Danza contemporánea, sen palabras.
Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3-5 anos.
Familias
06/02/2022
Ya ha finalizado
35 min. + 15 min. de coloquio
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Capacidade reducida.
IMCE
agora@coruna.gal
Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Neste espectáculo de danza contemporánea vemos a dous intérpretes, dous amigos, dous cómplices que se atopan nunha sala de xogos. Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e á súa enteira disposición. Un cuarto de xogos pode ser unha praia, pode ser un deserto, pode ser o mar. E tamén... cando estamos sós, poden ser moitos mundos.
Atopan moita terra, moito sal coa que debuxar no chan mentres cantan e reflexionan acerca de onde van as cousas que desaparecen. En realidade, nada desaparece todo se transforma, como os trazos que debuxan co sal e as súas mans, do que xorde a danza. As cousas que desaparecen están a nos esperar. Conversan sobre o mundo e as persoas, que son como lumes grandes, mozos e lumes de todas as cores. Dialogan coa palabra e tamén cos seus corpos no espazo.
Natanam significa danza en sánscrito. E ese é o punto de partida deste espectáculo: queriamos dar aos máis pequenos, á primeira infancia, un espazo e un tempo de sensacións a partir da pureza da danza. Natanam é unha aprendizaxe do camiño cara á alegría que produce o desapego. Ao facerse realidade sobre o escenario, démonos conta de que Natanam é un espectáculo multinivel, con distintos graos de simbolismo dependendo da idade e madurez do espectador, por iso pensamos que é ideal tanto para a infancia como para o público familiar.
Intérpretes: Raúl Durán y Mª José Casado.
Autoría: Omar Meza, Concha Villarubia e Lola Fernández de Sevilla
Dirección e coreografía: Omar Meza
Adaptación: Lola Fernández de Sevilla
Escenografía: DA.TE Danza
Deseño de son e Música: Jesús Fernández e David Campodarve
Deseño de iluminación: Aitor Palomo
Vestiario: Laura León
VENDA DE BILLETES
19/10/2024
19/10/2024
Desde el 14/10/2024 hasta el 19/10/2024
22/10/2024
Desde el 15/10/2024 hasta el 22/10/2024
Require inscrición
22/10/2024
Desde el 18/10/2024 hasta el 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
23/10/2024
Desde el 16/10/2024 hasta el 23/10/2024
24/10/2024
Desde el 17/10/2024 hasta el 24/10/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible