Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Brinca Vai, de Paco Nogueiras

Brinca Vai! é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

29/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

Esta actividade fora aprazada no día 13/04/2019 por enfermidade de Paco Nogueiras, así que se mantén a listaxe de persoas inscritas daquela data. Como nos quedou algunha praza libre, abrimos unha nova inscrición desde as 10.00 h do 25/06/2019.

Para crianzas de máis de 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

11.00 horas 

Duración:

1 h aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.

Esta actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: un ás 11.00 h e outro ás 12.30 h.

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística.

Esta actividade fora aprazada no día 13/04/2019 por enfermidade de Paco Nogueiras: http://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/brinca-vai-de-paco-nogueiras/suceso/1453697276951

Tamén che pode interesar...

  • "Bulebule" - Os Náufragos Teatro

    Cando:

    27/09/2024

  • "La granja", de Teloncillo Teatro

    Cando:

    29/09/2024

  • "Manual para deitarse", de Caxoto

    Cando:

    01/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade.

  • "Cabaliño hop", de Soledad Felloza

    Cando:

    06/10/2024

  • "Cacho animalada", de Vero Rilo e Luis Iglesias

    Cando:

    08/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 04/10/2024 ata o 08/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Concertiño para peques", de Félix Arias

    Cando:

    15/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 11/10/2024 ata o 15/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión