Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

CANCELADO #LunsDeEncontros: Presentación do libro "El Ocaso del faro" de Efrén Fernández

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 18 de decembro ás 19.00 h, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "El ocaso del faro" de Efrén Fernández publicado pola editorial Círculo Rojo

SINOPSE:

Galicia, ano 1943. Un país abatido pola guerra intenta reconstruír a pouca dignidade que lle queda.

Non hai beleza sen castigo, polo que as persoas habitantes desta terra terían que pagar un alto prezo polo simple feito de vivir no berce favorito dalgún Deus. A historia que este humilde trobador vos vai relatar, non é a historia de bandeiras nin ilusións creadas polo home. Vouvos relatar a historia de Charles, un ser insignificante no relativo á creación. Unha persoa que tivo que vivir de primeira man ese castigo imposto desde o ceo e levado a cabo polo home. Unha historia de amor, sangue e vinganza. Un relato escrito desde a escuridade dos días. Unhas páxinas tinguidas do sangue dos inocentes, da voz dos esquecidos. A historia da vida contémplanos desde o trono máis afastado da cordura.

Unha cordura que se perdeu na eterna batalla entre o home e a terra.

BIOGRAFÍA:

Efrén Fernández Muñoz (Betanzos, 1996)

Durante eses anos nos que unha pandemia arrasaba o mundo e nos viamonos obrigados/as a estar encerrados/as nas nosas casas, Efrén descubriu que toda a escuridade que había no mundo e na súa cabeza debía transmitila dalgunha maneira.

Polo que, armado coa pluma, decidiu transitar neste camiño da literatura mostrando unha filosofía que levaba anos no seu interior e que, por fin, atopou o medio para transmitila.

Unha persoa que busca dar voz a todo aquilo ao que a sociedade desterrou.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión