Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cartas de verán 2023

Volve o noso certame Cartas de Verán!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/07/2023 ata o 31/08/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 24/07/2023 ata o 31/08/2023

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza en agosto un concurso nas redes sociais para as familias con nenas ou nenos ata 12 anos co fin de fomentar a escrita.

Como vai ese verán? Desexamos sabelo! Queremos recuperar o vello costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, así que se tedes até 12 anos:

  1. Contádenos o que estades a facer este verán: viaxar, comer moitos xeados, que libro estades a ler, que pelis, praias ou festas vistes... Podedes xuntarlle un debuxo! Moi importante! Poñede o voso nome, a data de nacemento, un teléfono e un enderezo postal*. Prometemos responder
  2. O seguinte é poñerlle un selo, o noso enderezo e ir á caixa do correo até o 31 de agosto: Normalización Lingüística, Lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña.
  3. Tedes que redactala en lingua galega (ollo coas faltas, os borranchos). Se aínda non sabedes escribir, poden darvos unha axudiña mamá, papá, alguén da familia ou algunha amizade.

En canto nos chegue a vosa carta ou postal, publicarémola nas nosas redes.

Tanto traballo terá premio seguro! Un agasallo que vos entregaremos presencialmente ao rematar o verán para que así a volta ao cole resulte máis divertida e tres lotiños para as mellores entre estas franxas de idade: 0-4, 5-8 e 9-12 anos (repartirase un agasallo por crianza).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión