Terá lugar o mércores 25 ás 19.30 horas
Para público en xeral
25/10/2023
Xa rematou
19.30 horas
Gratis
Fundación CorBI
«Convivindo coa IA» é o título da charla a cargo de Alba Meijide, consultora independente de IA e PM, organizada pola Fundación CorBI na Domus o vindeiro mércores 25 de outubro ás 19.30 horas. A Intelixencia Artificial converteuse nunha constante nas nosas vidas, definindo a nosa relación tanto coa tecnoloxía como coas persoas. Esta charla realizará unha viaxe por distintas aplicacións de IA que afectan a sectores tan diversos como a medicina, o entretemento ou o deporte. Entender o impacto da IA no noso día a día será un factor clave para poder chegar a unha convivencia adecuada e explotar todo o seu potencial, mentres seguimos mantendo a nosa parte máis humana.
A coruñesa Alba Meijide é licenciada en Intelixencia Artificial por The University of Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Master of Engineering en IA.
A súa actividade laboral comezou coa coordinación e xestión do congreso internacional Mundos Dixitais, e desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en Intelixencia Artificial para empresas tanto nacionais como internacionais en sectores tan variados como a medicina e as ciencias da saúde, os efectos visuais, o turismo ou o ámbito legal. Compaxinou estes proxectos co cargo de exhibition manager da exposición «AI: More than Human», na Coruña, unha mostra sen precedentes dos desenvolvementos creativos e científicos da Intelixencia Artificial, deseñando e xestionando tamén o desenvolvemento do único proxecto nacional incluído na mostra para a compañía galega ILUX Visual Technologies.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible