Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: "Yerma"

De Federico García Lorca, adaptación de María Goiricelaya

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/12/2024 ata o 21/12/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala.

Pídese puntualidade.

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

ELA é unha reputada artista bilbaína. O seu marido, un exitoso home de negocios. A súa irmá, unha muller atropelada pola vida. A súa nai esa persoa que nunca a abrazou... E o seu ex alguén con quen ser nai foi unha posibilidade. Este é o escenario dela, a nosa YERMA. Un escenario onde esta nova muller flúe como un tequila en Puerto Escondido, como un bhang lassi en Goa, como unha cervexa fría en Alexanderplatz.

Quizais sexa un sacrilexio expor unha YERMA sen unha palabra de Lorca, pero esta contén as palabras de todas aquelas mulleres que hoxe se enfrontan á imposibilidade de ter descendencia. Porque son moitas, aínda que ninguén fale delas. E son coma ELA: mulleres exitosas nos seus traballos que cean en restaurantes de moda, viaxan a países exóticos,  desmándanse en festivais, teñen un Iphone e círculos sociais envexables. ELA; mulleres normais, independentes, coas súas parellas, o seu aparente empoderamento, os seus soños e un único desexo non concedido: o da maternidade. A súa versión feminista nunca lle deixou formularse que a partir de certa idade era difícil concibir e agora... a presión non para de crecer e ELA quere algo que nunca quixo, algo que implica un conflito biolóxico e emocional ineludible. Iso é esta YERMA. Esa muller onde o natural e o belo se volve obsesivo e doloroso. Esa muller onde o DESEXO é capaz de levar por diante o AMOR.

Con Ane Pikaza, Aitor Borobia, Loli Astoreka, Leire Orbe e Unai Izquierdo

Dirección e dramaturxia: María Goiricelaya

Produción de La Dramática Errante

*Venda de entradas soltas a partir do 6 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión