Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto de César de Centi

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático Sube o volume

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 16 de outubro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano recibimos a César de Centi nun concerto moi especial.

Músico, cantautor, "cancionista" coruñés con máis de vinte anos de escenarios e habitual da escena galega e nacional do xénero. Conta con actuacións en festivais de prestixio (Noroeste Estrella Galicia, SantiAutor, BarnaSants, Vai de Camiño) e no circuíto nacional da canción de autor (Liberdad 8, Galileo Galilei, La Fídula). En xaneiro de 2022 levou a cabo unha xira pola Arxentina, desde Buenos Aires a Córdoba, Rosario ou Humahuaca, xunto a Tato López e Emiliano del Río, cun total de oito concertos.

O seu último traballo é un disco en directo titulado César de Centi en vivo no Teatro Colón. Trátase dun resumo dos seus vinte anos de carreira, gravado no prestixioso teatro, con presentación en formato banda e invitados, que supuxo o inicio dunha xira a escala nacional.

"Bailando el incendio" foi gravado na Palleira Estudios (O Incio), coa produción a cargo de Xabier Vizcaíno e con colaboracións do propio Vizcaíno ou de Fito Mansilla (Warner Music). Este disco nútrese da tradición clásica da canción de autor, absorbe diversos estilos e influencias contemporáneas para finalmente conformar un traballo cheo de beleza e tamén de singularidade.

En 2008 gravou o seu primeiro disco, "Principios y declaraciones". "La luz de los gigantes", o seu segundo disco editado en 2013, foi financiado mediante unha campaña de crowdfunding e conseguiu o obxectivo nos primeiros catorce días grazas a 200 mecenas. Á parte do seu traballo en solitario, formou parte de CINCOPAREDES, xunto a Félix Arias, Luís Mouro, Silvia Penide e Nando Deibe cos que publicou un disco e tamén de "A viaxe da palabra que non era valente", proxecto para o público infantil xunto a Silvia Penide. Ademais, César foi socio fundador do colectivo Concierto Encanto e Viernes de Cantautar, que potenciaron a canción de autor cos que publicou dous discos e un DVD.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión