Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Consulta pública previa sobre o proxecto de modificación da ordenanza do Concello da Coruña reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución das obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos

O Concello da Coruña convoca unha consulta pública previa á elaboración do proxecto de modificación da Ordenanza reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución das obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/08/2024 ata o 03/09/2024

Xa rematou

O artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai referencia á participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos. No seu apartado primeiro establece: "Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, substanciarase unha consulta pública".

Por conseguinte, a cidadanía e as organizacións potencialmente afectadas por esta modificación da ordenanza poderán achegar as súas opinións e suxestións respecto da nova normativa municipal que se prevé aprobar a través deste formulario habilitado na sede electrónica municipal e para iso disporán dun prazo de 15 días hábiles (contado a partir do 13.08.2024 e que finalizará o 03.09.2024, ambos incluídos).

As persoas interesadas poderán acceder á información e ao formulario a través da seguinte ligazón:  Acceso á información e formulario de opinións e suxestións para a elaboración do proxecto de modificación da Ordenanza reguladora dos procedementos para a intervención e control na execución das obras, implantación de instalacións e actividades ou servizos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión